Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Axudas propias para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo
Recursos Humanos de I+D
25-05-2020No día de hoxe publicouse nos rexistros da Universidade de Vigo a Resolución reitoral de 22 de maio de 2020 pola que se publican as bases da convocatoria de axudas propias para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo que se pode consultar no enlace que ven máis abaixo.
A convocatoria contempla dúas modalidades:
Modalidade A: Bolsas para viaxes.
Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 26 de maio e permanecerá aberto ata o 26 de xuño de 2020.
As solicitudes deberán tramitarse a través do Sistema Unificado de Xestión de Investigación (SUXI), https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/, no que se deberá estar previamente rexistrada.
- seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal
- +34 986 813 599