Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Voluntariado en AODEM

Información voluntariado

13-04-2020 ata: 31-08-2020

Proxecto de voluntariado en colaboración con AODEM: 

O voluntariado durante a situación provocada polo COVID-19 será estrictamente voluntariado online/virtual polo que antes de inscribirse deben poñerse en contacto con AODEM para que lles expliquen cómo se levará a cabo de forma precisa.

 

Obxectivo xeral: Sensibilizar á sociedade dos programas de AODEM, dirixidos a persoas con discapacidade causada por patoloxías neurodexenerativas como a Esclerose Múltiple, ELA, Parkinson e as Enfermedades Raras, e realizar tarefas de coidados e acompañamento as persoas afectadas polas patoloxías anteriormente nomeadas.

 

Destinatarios do programa: Poboación en protección ou en risco de exclusión social

 

Perfil das persoas voluntarias:

- Empatía e habilidades sociais básicas adquiridas.
- Sensibilidade cara a discapacidade/dependencia.
- Dedicación, iniciativa, actitude positiva.

 

Funcións da persoa voluntaria:  Aínda que hai outras, as que se poderían facer online serían: Participación en campañas de sensibilización e difusión da entidade.

 

Actividades que van a desenvolver:  Aínda que hai outras, as que se poderían facer online serían: Actividades exteriores e divulgativas, como a celebración do Día da Esclerose Múltiple, Párkinson, etc.

 

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: Segundo dispoñibilidade da persoa voluntaria.

 

----------------------------------------

Anímate e ponte en contacto con: Leonardo Quintas García: Luns a venres de 9:00 a 14:00 e luns e mércores de 16:00 a 19:00 horas.

Teléfono: 636490627

Correo electrónico:  aodem@hotmail.es

Despois podes inscribirte premendo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public/proyecto/show/39

Podes atopar mais proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/voluntariado/public