Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Suspensión de prazos relativos aos estudos de doutoramento
Información xeral
03-04-2020 ata: 30-04-2020A Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) e o Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao comunican que, en consonancia co indicado no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19,da normativa derivada e das propias Resolución Reitorais da Universidade de Vigo, suspendéronse términos e interromperónse os prazos para a tramitación de todos os procedementos relativos aos estudos de doutoramento. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia o Real Decreto ou as prórrogas do mesmo. Isto implica que:
- Os prazos marcados para os/as doutorandos/as relacionados cos seus estudos de doutoramento interrompéronse con efecto do 14 de marzo de 2020, isto é:
- Prazos para a entrega do compromiso documental de supervisión e do plan de investigación.
- Data límite para o depósito da tese ou a defensa da tese.
- Cómputo de tempo de permanencia nos estudos de doutoramento.
- Calquera outro prazo recollido no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo.
- No caso de doutorandos ou doutorandas cun período de baixa temporal autorizado, que remate durante o período de suspensión de prazos, o resto dos prazos será suspendido polos días que resten dende a alta ata a finalización do período de suspensión de prazos.
- No relativo ás teses de doutoramento interrompéronse:
- Os 10 días de depósito das teses que estaban en exposición pública.
- O prazo mínimo de 10 días de publicidade antes de fixar a data de defensa.
- O prazo máximo de tres meses para o acto de defensa dende a autorización da defensa.
- As teses xa admitidas a trámite con data de lectura fixada ou en disposición de fixar esta, poderán acollerse á suspensión do prazo máximo de tres meses e demorar a lectura. Non obstante, por razóns suficientemente motivadas, poderá proporse data de lectura, tendo en conta que a defensa será por videoconferencia mentres dure o estado de alarma.
- Os períodos de avaliacións anuais son establecidos polas CAPD para cada curso académico, e estas poderían adiar a seu inicio pola mesma duración do período de suspensión de prazos, se así o estiman convinte.
- Actualmente, o prazo establecido para a solicitude de prórroga non está afectado pola suspensión, xa que empeza despois de que se manteña a vixencia actual da mesma. En calquera caso, en función da evolución das circunstancias notificarase calquera modificación en dito prazo.
- Suspendéronse todas as actividades presenciais das doutorandas e doutorandos da Universidade de Vigo.
- Recoméndase que os doutorandos e doutorandas contacten por medios telemáticos cos seus titores e titoras, e directoras e directores de tese á maior brevidade co obxecto de establecer un plan de traballo que permita desenvolver o seu labor investigador sen presencialidade, mentras dure o estado de alarma.
- Cancélase a mobilidade das doutorandas e doutorandos que non tivesen iniciado a súa estadía.
En función da evolución da situación, reprogramaranse os calendarios dos estudos de doutoramento no relacionado cos prazos de presentación dos plans de investigación, informes de seguimento, avaliacións anuais, etc.
Para calquera dúbida relacionada cos trámites anteriores ao depósito da tese pode contactarse a través do correo electrónico posgrao@uvigo.es.
Para cuestións relacionadas coa xestión das teses de doutoramento, ou situacións excepcionais debidamente xustificadas que requiran a non suspensión de prazos de depósito e /ou lectura da tese, co correo eido@uvigo.es.
- posgrao@uvigo.gal
- +34 986 811 950