Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Como subir vídeos a FaiTIC

Información ao PDI

23-03-2020 ata: 03-05-2020

Prezado/a profesorado,

Debido á situación actual de docencia non presencial, moitos docentes están preguntando como subir vídeos coas clases gravadas a FaiTIC.

Non obstante, FaiTIC non está preparado para ser un repositorio de vídeos, polo que, para asegurar un mellor funcionamento da plataforma recomendámosvos unha das seguintes opcións:

1. Abrir unha canle en Youtube (ou vimeo, dailymotion, etc.) e pór a disposición do alumnado un vídeo gravado previamente, pode pórse en modo oculto e compartir a ligazón a través da aula virtual de FaiTIC. Na configuración predeterminada de Youtube, podes subir vídeos de ata 15 minutos, se a túa conta está verificada, podes subir vídeos máis longos. O tamaño máximo dos ficheiros que Youtube permite que subas é de 128 GB ou 12 horas, o que sexa menor. Tes máis información de como subir videos de máis de 15 minutos a Youtube na páxina https://support.google.com/youtube/answer/71673?co=GENIE.Platform%3DDesktop&hl=es-419.

2. Aproveitar os servizos de Office 365 dispoñibles coa túa conta persoal de uvigo e subir os vídeos a OneDrive e compartir a ligazón a través da aula virtual de Faitic (OneDrive dache ata 1 TB de almacenamento). Podes consultar a documentación de como acceder á túa conta de One Drive corporativa na seguinte páxina: https://soporte.uvigo.es/documentacion/display/TUT/1.+OneDrive.

3. Agardar a que estea dispoñible o repositorio de vídeos complementario a Campus Remoto que se está a preparar

Nos seguintes días iremos complementando esta información con máis axuda e exemplos concretos de como facelo.

Recibide un cordial saúdo.