Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Curso de montañismo invernal

Deporte e benestar

30-01-2020 ata: 14-02-2020

O Club Peña Trevinca organiza unha nova edición do Curso de Montañismo Invernal a desenvolver no macizo de Peña Ubiña, en León, impartido por técnicas/os da Escola Galega de Alta Montaña.

Neste curso apréndense as técnicas de autodetención e a camiñar coa axuda de crampós e piolet, entre outras cousas.

Terá lugar os días 15 e 16 de febreiro. Grazas ao convenio de colaboración entre as dúas entidades as condicións para a comunidade universitaria da UVigo son as mesmas que para as persoas asociadas do club.

Máis información en:

http://clubtrevinca.blogspot.com/2020/01/curso-de-montanismo-invernal_16.html

http://clubtrevinca.blogspot.com/

Ou chamando ao 660 69 35 35