Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VERIFICACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS DE MÁSTER E DOUTORAMENTO PARA O CURSO 2021/2022: DECLARACIÓNS DE INTERESE
Información xeral
23-01-2020 ata: 21-02-2020Comunicamos que no Consello de Goberno do 22 de xaneiro de 2020, aprobouse o Calendario e o procedemento de tramitación para a verificación ou modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2021/2022.
Toda a información sobre o procedemento pódese consultar na páxina web no apartado ESTUDAR/QUÉ ESTUDAR/IMPLANTACIÓN E MODIFICACIÓN DE TITULACIÓNS, seleccionando titulación de grao, máster ou doutoramento segundo corresponda e pinchando no curso 2021/2022.
O procedemento iníciase coa presentación da declaración de interese de novas propostas de títulos ou modificación dos xa implantados, que debe ser enviada por correo electrónico segundo formato normalizado a verifica@uvigo.es para os títulos de máster ou programas de doutoramento ata o 20 de febreiro de 2020.
Para calquera dúbida, poden dirixirse aos seguintes teléfonos e correos electrónicos:
No relativo aos títulos de Grao:
Tlf.: 986 812 287
Para Máster e Programas de Doutoramento.
Tlf.: 986 130 283
- MODELO DECLARACIÓN DE INTERESE MODIFICACIÓN TÍTULOS DE MÁSTER [251.04 Kbytes]
- MODELO DECLARACIÓN DE INTERESE VERIFICACIÓN-MODIFICACIÓN PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO [222.64 Kbytes]
- MODELO DECLARACIÓN DE INTERESE VERIFICACIÓN TÍTULOS DE MÁSTER [130.81 Kbytes]
- posgrao@uvigo.gal
- +34 986 811 950