Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal de Servizos Centrais e da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Prevención de riscos laborais

20-01-2020 ata: 04-02-2020

Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal de: Edificio Exeria, Edificio Ernestina Otero, Edificio Miralles, Área de Transporte e Distribución, Área de Benestar e Saúde e Facultade de CC Xurídicas e do Traballo.

Prazo para pedir cita: do 20/01/2020 ao 04/02/2020.

Onde se pide cita: na web www.norprevencion.com

Instrucións previas a súa cita https://bit.ly/2NueVzo

Guía para solicitar cita a través da web https://bit.ly/2zTPS5b

Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Servizo de Vixilancia da Saúde do Campus (na planta baixa do Edificio Filomena Dato)

Onde pedir o bote para a recollida da mostra de urina: na conserxaría do Edificio Exeria e na conserxaría da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo.

Se algunha persoa quedara sen cita pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.es

No caso de querer cambiar a cita da analítica solicitada ou a concertada na enfermería para o recoñecemento médico debe chamar ao teléfono 986 813451.

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 986 814088.