Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

SORTEO VOGAIS COMISIÓNS DE SELECCIÓN CONCURSOS

Información xeral

17-12-2019 ata: 20-12-2022

Bo día.

Comunicamos que na reunión da COAP do próximo venres, 20 de decembro de 2019 ás 13:00 h terá lugar o sorteo público da orde dos vogais das comisións de selección dos concursos de acceso de prazas de profesorado Contratado Doutor, profesorado Titular de Universidade e de Catedráticos/as de Universidade, correspondentes ás OEP dos anos 2017, 2018 e 2019, ao que pode asistir toda persoa interesada.

Esta reunión terá lugar na sala de xuntas do edificio Ernestina Otero no 3º andar.