Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Prezada comunidade universitaria:
Desde a Área de Normalización Lingüística e a Unidade de Cultura Científica e da Innovación convidámosvos ao evento «En galego! Investigación e divulgación científica», que terá lugar mañá no campus de Pontevedra.
Día: 20 de novembro
Hora: 19.30 horas
Lugar: Espazo 25 da Facultade de Belas Artes
Trátase dunha mesa redonda en que investigadoras e investigadores da nosa universidade reflexionarán sobre a necesidade de realizar divulgación para aumentar o coñecemento científico da poboación e o papel desta na normalización e dinamización do galego.
Achegámosvos o programa para que teñades toda a información ao respecto e difundades.
Agardámosvos!
- Programa En galego investigación e divulgación científica [1217.07 Kbytes]
- anl@uvigo.gal
- 986 813 574
- https://www.uvigo.gal/campus/lingua