Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

En galego! Investigación e divulgación científica

Información xeral

15-11-2019

Prezada comunidade:

Desde a Área de Normalización Lingüística e a Unidade de Cultura Científica e da Innovación querémosvos convidar ao evento «En galego! Investigación e divulgación científica», que terá lugar a vindeira semana, os días 20 e 21 de novembro.

Trátase de tres mesas redondas nas que investigadoras e investigadores da nosa universidade reflexionarán sobre a necesidade de realizar divulgación para aumentar o coñecemento científico da poboación e o papel desta na normalización e dinamización do galego. 

As citas serán:

Mércores 20 de novembro

  • 19.30 horas, no Espazo 25 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Xoves 21 de novembro

  • 12.00 horas, na sala de reunións do edificio Ernestina Otero, campus de Vigo
  • 19.30 horas, na Biblioteca Pública Juan Compañel en Vigo

Achegamos o programa para que teñades toda a información ao respecto.

 

Agardámosvos!