Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria Axudas FPU 2019

Recursos Humanos de I+D

22-10-2019

Infórmase que foi publicada a Resolución de 16 de outubro de 2019 da Secretaría de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, pola que convocan axudas para a formación do profesorado universitario (FPU) 2019.

O prazo estará aberto dende o 24 de outubro ata o 14 de novembro de 2019 ás 14:00 horas.

Pode acceder á información sobre o proceso no enlace que figura máis abaixo.

Recoméndase que se lea con atención a guía para solicitantes que elabora o propio organismo convocante.