Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria axudas formación predoutoral 2019 Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

Recursos Humanos de I+D

16-10-2019

Publicouse na páxina web do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades a resolución da Agencia Estatal de Investigación pola que se convocan as axudas do ano 2019 para a formación de doutores/as, cun máximo de 1109 axudas.

A devandita convocatoria pode consultarse no enlace que acompaña a este aviso.

O prazo de presentación das solicitudes de participación abrangue dende o 17 de outubro de 2019 ao 7 de novembro de 2019 ás 14:00 horas (hora peninsular española).