Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recoñecemento médico para o persoal do CACTI-CINBIO e da Torre CACTI

Prevención de riscos laborais

07-10-2019 ata: 11-10-2019

Apertura do prazo para pedir cita para a analítica previa ao recoñecemento médico do persoal do CACTI-CINBIO e da Torre CACTI.

Prazo para pedir cita: do 07/10/2019 ao 11/10/2019.

 

Instrucións previas a súa cita https://bit.ly/2NueVzo

Onde se pide cita: na web www.norprevencion.com

Guía para solicitar cita a través da web https://bit.ly/2zTPS5b

Lugar para facer o recoñecemento médico e a analítica: Servizo de Vixilancia da Saúde do Campus (ao lado da Biblioteca Central).

Onde pedir o bote para a recollida da mostra de urina: na conserxería do CACTI-CINBIO.

Cambio de cita xa solicitada ou concertada (da analítica ou do recoñecemento médico): debe chamar á enfermería ao teléfono 986 813451.

 

Se algunha persoa quedara sen cita, ou en caso de dúbida, pode chamar ao teléfono 986 814088 ou enviar unha mensaxe cos seus datos a sprl.administracion@uvigo.es