Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornadas "sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo"

Seminarios e conferencias

16-10-2019 ata: 18-10-2019

Queres cambiar o mundo o prefires quedar sentada/o?

 

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación xunto co Consello Social e a Campaña Impórtanos organizan as Xornadas "sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo" os días 16, 17 e 18 de outubro no Campus de Vigo. Con estas xornadas preténdese dar a coñecer a Axenda 2030 durante estes 3 días en torno á economía sostible, as persoas refuxiadas e a crise climática cunha variedade de actividades, dende conferencias e obradoiros con entidades sociais ata obras de teatro, un concerto solidario e unha mostra de cociña con produtos de proximidade e tempada. Supón un programa completo e moi dinámico polo que o alumando recibirá ata 16 horas de recoñecemento ECTS.

 

Tes toda a información nesta ligazón a Bubela.