Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

II Xornadas "O Talento Feminino SUMA"

Área de Emprego e Emprendemento

24-09-2019

Diversos estudos amosaron que actualmente a atracción e retención dun talento diverso con presenza en todos os ámbitos das empresas xa non é só unha cuestión social ou un requisito legal. É unha prioridade de negocio que as empresas deben impulsar con determinación e liderado e que deben abordar desde todos os procesos chave da xestión do capital humano, xa que, a presenza da muller é necesaria en todos os sectores de actividade porque aporta un valor diferencial ás organizacións e contribúe á mellora da súa competitividade.

Por isto, a Área de Emprego e Emprendemento, en colaboración co Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) e diversas entidades, públicas e privadas, quere converterse nun axente impulsor de cambio (a) xerando unha conciencia social que prime as capacidades e habilidades profesionais para o acceso ao emprego das mulleres, promovendo a diversidade, a competitividade e a sostibilidade das empresas e institucións, e (b) sendo unha plataforma que facilite o contacto directo entre as nosas estudantes e tituladas e o persoal de recursos humanos, a través da realización das II Xornadas "O talento feminino SUMA", estructuradas en dúas partes.

A 1ª Xornada, denominada “MULLER E MERCADO LABORAL: LOITANDO CONTRA AS DESIGUALDADES” e que se celebrará o 24 de setembro no campus de Vigo, está dividida en dúas sesións: a primeira organizada nunha conferencia inaugural e dúas mesas redondas, na sesión de mañá, e configurada como un Obradoiro, titulado “Elevator Pitch: quen es en 90 segundos”, pola tarde. A 2ª jornada, denominada “PRESENTA O TEU TALENTO", consistirá na presentación do Elevator Pitch de cada unha das mulleres universitarias da Uvigo que asistiron ao obradoiro anterior ante un público compuesto por representantes dos departamentos de recursos humanos de diferentes empresas. Esta última sesión celebrarase no IFEVI, o 23 de outubro, paralelamente a FINDE.U, Feria Universitaria de Emprego organizada pola Universidade de Vigo.

Se tes interese en participar de balde nestas xornadas entra na web da Área de Emprego e Emprendemento e consulta o programa. Inscríbete!!!!!