Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Actividades deportivas do curso 2019-2020

Deporte e benestar

17-09-2019 ata: 15-10-2019

Xa podes inscribirte nas actividades deportivas da universidade para o curso 2019/2020: 

 

- Abono mUVer: con este abono terás acceso libre ás salas de fitness da Universidade así como a un amplo abano de actividades dirixidas, ademais de descontos en diversas actividades. +info: https://goo.gl/ZaU1Z1 Lembra ademais que entre o 16 e o 30 de setembro as persoas da comunidade universitaria tedes dúas semanas de acceso gratuíto ás instalacións da UVigo para poder probar as diferentes actividades do abono mUVer (bádminton, ioga, cross training, …).

 

- Ligas universitarias (fútbol sala, fútbol 7, baloncesto, balonmán, voleibol e rugbi 7): organiza ao teu equipo e rexístrao antes do vindeiro 4 de outubro. E se non tes equipo, non pasa nada, podes apuntarte na bolsa de xogadores/as sen equipo para poñerte a disposición dalgún dos equipos xa creados. +info: https://goo.gl/NvvStK.

 

- Escolas deportivas: queres aprender a practicar tenis, xadrez, escalada, rugby ou fútbol gaélico, entre outras? +info: https://goo.gl/yrMKmN

 

- Torneo baloncesto 3x3: no campus de Vigo o 30 de setembro. Prazo de inscrición aberto ata o 25 de setembro +info: https://bit.ly/2kNkksV

 

- Rugby Touch: no campus de Vigo os días 24 e 26 de setembro, 1 e 3 de outubro. Achégate ao rugby, pero sen placaxes, nin contactos.  +info: https://bit.ly/2kiUNre

 

 

Máis información nas nosas redes sociais:

 

- https://www.instagram.com/muversuvigo

 

- https://www.facebook.com/muversuvigo

 

https://twitter.com/mUVersUvigo