Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Voluntariado - Axenda 2030. Axentes de cambio - Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Información voluntariado
08-07-2019 ata: 30-04-2020Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Vicerritoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación: Axenda 203. Axentes de cambio.
Desenvolvemento: Do 3 de febreiro ao 30 de abril de 2020.
Obxectivo xeral:As persoas voluntarias, logo de recibir unha formación de 30 horas (con recoñecemento de 1 ECTS), darán a coñecer entre o alumnado da Uvigo a través dunha serie de actividades a Axenda 2030. Esta Axenda, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
(ODS). Estes obxectivos van acompañados, a súa vez, de 169 metas que deben inspirar ás políticas públicas postas en marcha polas administracións que operan nos Estados, entre elas, as Universidades.
Obxectivo específico: Levar a cabo campañas e actividades de sensibilización nos 3 Campus da Uvigo sobre o contido dos 17 ODS da Axenda 2030.
Destinatarios do programa: Alumnado dos 3 campus da Uvigo
Perfil das persoas voluntarias: As persoas voluntarias deben:
* Ter un coñecemento exhaustivo da Axenda 2030. Para isto, as persoas voluntarias deberán participar nun curso de 30 horas (1ECTS) sobre a Axenda e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) organizado pola Universidade de Vigo. Este curso, eminentemente práctico, será impartido no mes de outubro e novembro baixo modalidade virtual (Faitic) e presencial. Contará con 3 grandes módulos: Introdución á Axenda 2030, os ODS das persoas e os ODS do planeta.
* Mostrar un compromiso claro e sincero co desenvolvemento sostible.
* Ser creativas e ter habilidades comunicativas.
* Contar con capacidade de traballo en equipo.
Función da persoa voluntaria: Tarefas de sensibilización sobre a Axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible entre o estudantado da UVigo.
Actividades que van a desenvolver:
1. Informar ao estudantado sobre a Axenda 2030 en stands situados en lugares estratéxicos dos 3 Campus da Uvigo a través de material específico.
2. Colaborar na organización e implementación de actividades vinculadas co proxecto.
Lugar de realización das actividades: Nos 3 Campus universitarios. Buscarase un espazo de máxima afluencia de público para situar o stand informativo e as actividades serán organizadas naquelas facultades que conten cos medios necesarios.
Tempos de dedicación das persoas voluntarias:
* Información en stand: do 3 - 28 de febreiro. 3 horas á semana (9 horas).
* Actividades: 2 de marzo - 30 de abril
- Colaboración na organización: 20 horas.
- Implementacíón da actividade: 12 horas.
Data de inicio/incorporación: 03/02/2020
Data de finalización/saída: 30/04/2020
Anímate e ponte en contacto con: Xosé Mª Mahou Lago - Martes e mércores de 12;00 a 14:00 horas
Telf: 986813587 / 986130261
email: direc.rsco@uvigo.es
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626