Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

IV Conversa sobre o Cambio Climático en Pontevedra. "Unha Cuestión de Ciencia"

Seminarios e conferencias

24-06-2019 ata: 28-06-2019

Ola,

Desde a Unidade de Cultura Científica e da Innovación, en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación e a de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, convidámosvos a acompañarnos nunha nova actividade enmarcada no plan “Unha Cuestión de Ciencia”. Trátase da “IV Conversa sobre o Cambio Climático”, a primeira que se organiza en Pontevedra.

Concretamente, uniremos ao catedrático de Economía e investigador do grupo REDE, Xavier Labandeira, e á xornalista de PontevedraViva, Natalia Puga, nunha conversa amena sobre a “Xestión socioeconómica do Cambio Climático”.

O evento desenvolverase o vindeiro xoves 27 de xuño nun entorno aberto como é a terraza do café-bar Carabela (Praza da Estrela-Pontevedra) a partir das 20 horas.

O obxectivo é achegar a ciencia e o traballo do persoal investigador da Universidade de Vigo ás rúas, aos lugares de encontro habituais da sociedade, para fomentar a súa cultura nesta materia.

Agardamos que poidades acudir para compartir con nós unha tarde diferente.

Moitas grazas.

Saúdos,