Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais 2019, polo Profesorado e polo Estudantado

Calidade

29-04-2019 ata: 03-06-2019

Enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións 2019 polo Profesorado e polo Estudantado.

 

 

Ábrese o prazo ata o 3 de xuño do 2019 para realizar as enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais (graos e mestrados) da Universidade de Vigo do curso 2018/19, entre o estudantado de mestrado e o de 3º de grao que non contestara anteriormente á enquisa.

 

Lembramos que a enquisa é anónima, estando deseñada a aplicación para que non asocie á persoa coas súas respostas.

 

A vosa opinión resulta fundamental para mellorar os centros e as titulacións, polo que animámosvos a participar, e agradecemos que a vosa colaboración sexa sinceira e responsable.

 

Na secretaría virtual: https://seix.uvigo.es/uvigo.sv/  está habilitada a aplicación “Enquisas de Grao e Máster”, no grupo Acceso a aplicacións por usuario/a, para a realización da enquisa, que será anónima e confidencial. Tanto ao profesorado como ao alumnado no curso 2018/19 que pode realizar a enquisa, ao abrir a secretaría virtual aparecerá unha mensaxe lembrando que a teñen pendente de cumprimentar.

 

Para calquera dúbida, pode dirixirse a enquisas.calidade@uvigo.es ou o/a Coordinador/a de Calidade do seu centro http://calidade.uvigo.es/calidade_gl/centros/informacion/coordinadores.html  

 

 

O Director da Área de Calidade

Joaquín Collazo Rodríguez