Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Xornadas de Emprego Público (Universidade de Vigo)

Seminarios e conferencias

24-04-2019 ata: 27-04-2019
Xornadas de Emprego Público (O teu futuro como funcionario) - Universidade de Vigo
 
Obxectivo xeral:
  • Dar a coñecer á comunidade universitaria e a todas aquelas persoas interesadas, as oportunidades de traballo que ofrece a Función Pública.
Obxectivos específicos:
  • Explicar que é a Oferta de Emprego Público e cal é o seu procedemento de aprobación/desenvolvo.
  • Detallar sucintamente o contido da Oferta de Emprego Público
  • Explicar en termos xerais os procesos selectivos: tipo e cantidade de probas (Grupo A1 e A2)
  • Achegar o coñecemento da Administración e dos seus corpos, así como as súas vantaxes.
Contidos:
  • Introdución e explicación breve da Oferta de Emprego Público
  • Experiencias de aprobados recentes: como coñeceron o seu corpo profesional, que lles levou a preparar a oposición e como o fixeron. Situación actual unha vez aprobada a oposición.
  • Coloquio/preguntas entre os asistentes e os relatores.
Relatores:
  • Marta Cruz Rojo (Enxeñeira de Telecomunicación. Destino actual: Subdirección xeral de Coordinación de Unidades TIC no Ministerio de Política Territorial e Función Pública)
  • Isaac Sánchez Navarro (Licenciado en ciencias xeolóxicas. Destino actual: Comisión Técnica de prevención e reparación de danos ambientais no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente)
  • Maj-Britt Larka Abellán (Enxeñeira de Minas. Destino actual: Vocal asesora da Dirección Xeral de Industria do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo)
  • Xosé Areses Vidal (Licenciado en Dereito. Destino actual: Xefe de Unidade de Apoio na Dirección Xeral de Función Pública, Ministerio de Política Territorial e Función Pública
 
Data: Venres 26 abril a partir das 12:00h
Lugar: Sala I do Edificio Miralles
Inscrición: enviar correo electrónico a msonia.postigo@correo.gob.es indicando nome e apelidos, (opcionalmente: titulación).
 
Coorganizan:
  • Ministerio de Política Territorial e Función Pública
  • Universidade de Vigo