Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Campionatos do Mundo de Triatlón Multisport Pontevedra 2019 - Concello se Pontevedra

Información voluntariado

26-04-2019 ata: 26-04-2019

Proxecto de voluntariado: Concello de Pontevedra - Servizo municipal de Deportes:  Campionatos do Mundo de Triatlón Multisport Pontevedra 2019

 

Desenvolvemento: 27, 28 e 30 de abril e 2 e 4 de maio de 2019

 

Obxectivo xeral: Apoiar as tarefas da organización para mellorar a calidade do evento deportivo prestando servizos aos deportistas.

 

Obxectivo específico: Axudar na saúde fisioterapéutica das persoas beneficiarias.

 

Destinatarios do programa: Deportistas e persoas da organización.

 

Perfil das persoas voluntarias:

1.- Alumnado da Facultade de Fisioterapia

2.- Persoas coordinadoras que sexan designadas pola Facultade de Fisioterapia

3.- Maiores de idade

4.- Preferiblemente con facilidade para falar tamén inglés e/ou francés.

 

Función da persoa voluntaria       

- Axuda ao control da saúde.

- Recomendar exercicios de quecemento e estiramento.

- Apoio á manipulación das persoas que así o necesiten.

- Apoio no fomento da actividade física e o deporte.

 

Actividades que van a desenvolver:            

- Apoio nas funcións propias do Servizo de Fisioterapia do evento.

- Traballo de sala sobre instalación deportiva cuberta e camilla.

 

Lugar de realización das actividades: Centro galego de Tecnificación Deportiva. Rúa Padre Fernando Olmedo, s/n - 36005 Pontevedra

 

Tempos de dedicación das persoas voluntarias:      

27/04 - Dende as 08:00 ata as 21:30 horas (en quendas).

28/04 - Dende as 09:00 ata as 13:30 horas

30/04 - Dende as 13:30 ata as 21:00 horas

02/05 - Dende as 15:00 ata as 18:30 horas

04/05 - Dende as 11:00 ata as 21:00 horas (en quendas)

 

Nº total de voluntarios/as necesarios:         

27/04 - 12 persoas (1º quenda) + 12 persoas (2º quenda)

28/04, 30/04 e 02/05 - 12 persoas

04/05 - 12 persoas (1º quenda) + 12 persoas (2º quenda)

 

Data de inicio/incorporación e de finalización/saída: 27, 28 e 30 de abril e 2 e 4 de maio de 2019

 

Observacións/outros comentarios: Entregarase o equipamento e avituallamento, así como a formación propia sobre o evento deportivo e a coordinación externa necesaria.

 

Anímate e ponte en contacto con:

David Pérez Araujo - De 09:00 a 15:00 horas.

Telf: 986872013

email: tecnicodeportes@pontevedra.eu