Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Recarga de vehículos eléctricos para o persoal da Universidade de Vigo

Información xeral

25-03-2019

Recarga de vehículos eléctricos para o persoal da Universidade de Vigo

Dado o compromiso da Universidade de Vigo co medio ambiente e coa mobilidade con cero emisións, póñense en funcionamento os postes de recarga de vehículos eléctricos situados no Campus Lagoas Marcosende.

Para facilitar aos usuarios de vehículos eléctricos o seu acceso ao postes de recarga, activarase un mecanismo de identificación a través da Tarxeta Universitaria co que poderán facer uso de calquera dos puntos de recarga situados no campus.

O formulario para darse de alta con toda a información relativa ao procedemento, atópase na Secretaría Virtual, no apartado "Formulario e enquisas".

Para acceder ao formulario pinche aquí