Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Avaliación da satisfacción cos programas de doutoramento 2017/18

Calidade

14-03-2019 ata: 14-04-2019

Este xoves, 14 de marzo e ata o 14 de abril do 2019 ábrese o prazo para realizar as enquisas de avaliación da satisfacción do estudantado cos programas de doutoramento da Universidade de Vigo do curso 2017/2018.

Trátase de dous cuestionarios diferentes: un deles destinado ao estudantado matriculado no 1º ano de doutoramento, no curso 2017/18, e o outro ao estudantado de 3º ano, tamén nese curso.

Os cuestionarios poden responderse en liña mediante unha aplicación informática de enquisas á que se accede a través dunha ligazón personalizada para cada estudante de doutoramento.

A enquisa é anónima e confidencial. O acceso personalizado en ningún caso quedará asociado ás respostas emitidas ao encher o cuestionario.

Para calquera dúbida, soporte ou apoio que precise pode dirixirse ao coordinador de calidade da Escola Internacional de Doutoramento, a través do enderezo electrónico eido.sec@uvigo.es ou do teléfono 986 130 113 ou, en todo caso, á Área de Calidade a través do enderezo electrónico enquisas.calidade@uvigo.es ou teléfono 986 811 988.

Este proceso de recollida da opinión resulta imprescindible para a mellora continua dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo, polo que agradecemos a súa colaboración dun xeito sincero e responsable.

 

O director da Escola Internacional de Doutoramento

 

Antonio Pino García