Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

6ª edición VIAGALICIA

Área de Emprego e Emprendemento

14-03-2019

Trátase dun Programa de Alto Rendemento de ata 18 meses de duración que combina, baixo a supervisión dun equipo de persoas expertas: formación, titorización, asesoramento especializado, mentoring, espazo de traballo e financiamento, con obxecto de poder validar, arrancar e acelerar un proxecto empresarial. Ao longo deste Programa, avalíanse os progresos das propostas e os equipos participantes coa finalidade de que os mellores proxectos sexan presentados a inversores y socios industriais.

O programa presenta 6 FASES:

  1. Convocatoria
  2. Startup Day | Sedes de Vigo e Lugo
  3. Academia (Pre-Aceleración) | Sedes de Vigo e Lugo
  4. Demo Day | Sedes de Vigo e Lugo
  5. Aceleradora | Sede de Vigo
  6. Investors Day | Sede de Vigo

ViaGalicia é a aceleradora impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia.

Inscricións: a través da páxina web www.viagalicia.gal, desde o apartado “INSCRÍBETE”, previa identificación do/a usuario/a. O formulario de inscrición estará habilitado ata as 12:00 horas do 1 abril de 2019.

Máis información: