Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria de bolsas Fundación Dorzán

Bolsas e axudas

04-03-2019 ata: 20-05-2019

A Fundación Dorzán convoca a terceira edición da "Bolsa Fundación Dorzán" co obxecto de facilitar apoio económico para a realización dun traballo científico na área de atención a persoas maiores,  a xerontoloxía ou á xeriatría.

O ámbito da convocatoria esténdese a alumnos matriculados durante o curso actual no Campus de Ourense, e a persoal docente e investigador deste Campus.

A dotación económica do proxecto seleccionado ascende a 1.500 euros.

As bases da bolsa, así como a folla de inscrición están dispoñibles na web da Fundación: www.fundaciondorzan.org. O prazo para a presentación dos traballos remata o día 20 de maio de 2019.