Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos (Campus de Pontevedra)

Formación de Profesorado

25-02-2019 ata: 25-02-2019

A Área de Formación e Innovación Educativa comunícalle que o día 25 de febreiro ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso Design Thinking como metodoloxía para a aprendizaxe baseada en proxectos.

Esta actividade formativa desenvolverase en modalidade presencial  no Campus de Pontevedra do 4 ao 18 de xuño.

Pode preinscribirse premendo aquí.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse deberán facelo a través da  plataforma de xestión académica Bubela (http://bubela.uvigo.es).