Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria dunha bolsa de formación para titulados superiores no ámbito da I+D+i (Oficina de Bruxelas FGE)

Bolsas e axudas

28-02-2019 ata: 28-02-2019

O obxectivo da bolsa é a adquisición de coñecementos prácticos sobre políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación, a identificación das convocatorias e a participación nas reunións das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta de Galicia para promover a participación galega en iniciativas de I+D+i


A bolsa terá unha duración máxima dun ano e desenvolverase na oficina da Fundación Galicia Europa (FGE) en Bruxelas

 

As solicitudes deberán presentarse de maneira obrigatoria mediante vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (procedemento PR770M).

 

O prazo finaliza o 28 de febreiro de 2019.