Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Captación novos estudantes - SIE

Información voluntariado

14-01-2020 ata: 14-01-2020

Proxecto de voluntariado propio da Universidade de Vigo: Servizo de información ao estudantes - SIE: Captación de novos estudantes.

 

Obxectivo xeral: Educación.

 

Obxectivo específico: Captación de novo alumnado.

 

Perfil das persoas voluntarias: Estudantes de grao e de mestrado.

 

Función do voluntario/a:

- Asistir a feiras e xornadas como apoio.

-Colaborar nas visitas dos centros de secundaria á Uvigo.

- Outras accións que se poidan realizar relacionadas coa captación.

 

Actividades que van a desenvolver por posto:          

- En feiras/xornadas: apoio para a organización de stand, entrega de folletos, charlas cos estudantes sobre a súa experiencia na Universidade.

- En visitas: colaborar co SIE (servizo de información ao estudante) nas charlas de benvida aos estudantes contando as súas experiencias na Universidade.

- Xornada de orientación universitaria organizada polo SIE, colaborar  en tarefas de organización de mesas/stands, distribución e acompañamento de estudantes na xornada de orientación, etc...

 

Lugar de realización das actividades:

Na propia Universidade e nos lugares onde teña lugar a propia feira, por exemplo Edugal en Pontevedra.

 

Tempos de dedicación dos voluntarios/as, segundo postos:  

En relación coas visitas: 30 minutos no acto de benvida.

En relación coas feiras/xornadas durante o desenvolvemento das mesmas.

 

Data de inicio/incorporación: 29 de xaneiro

Data de finalización/saída: 31 de maio

 

Anímate e ponte en contacto con: Magdalena Domínguez Álvarez - De 09:00 a 14:00 horas.

Telf: 986812693 / 986813630

email: sie@uvigo.es 

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-01/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web_0.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-01/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf