Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Escalada xuvenil en rocódromo

Deporte e benestar

18-01-2019 ata: 01-05-2019

 

Grazas ao convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia as fillas e fillos da comunidade universitaria poderán gozar dunha actividade de escalada en rocódromo.
Todos os sábados de 11.30 a 13.30 dos meses de febreiro, marzo e abril, as nosas cativas e cativos de entre 12 e 16 anos poderán achegarse a esta introdución ao mundo da escalada nas instalacións do pavillón universitario do campus de Vigo.
A actividade ten un custe de 10€/persoa/mes e só é preciso identificarse como membro da comunidade universitaria.
Prazas limitadas.
Organiza Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia.
Toda a información en http://clubtrevinca.blogspot.com/2019/01/escalada-xuvenil-de-febreiro-abril.html ou no teléfono 660693535.