Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Apertura de preinscrición no curso Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable

Información ao PDI

22-01-2019 ata: 22-01-2019

A Área de Formación e Innovación Educativa comunícalle que o día 22 de xaneiro ás 12 horas abrirase o prazo de preinscrición no curso Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable.

Esta actividade formativa desenvolverase en modalidade semipresencial no Campus de Vigo do 4 ao 24 de xuño.

Pode preinscribirse premendo aquí.

Todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse deberán facelo a través da  plataforma de xestión académica Bubela (http://bubela.uvigo.es).

Este curso forma parte do Programa de Formación Permanente do PDI.