Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Quincena gratuíta nas actividades e instalacións deportivas.

Deporte e benestar

14-01-2019 ata: 01-02-2019

 

Do 15 ao 30 de xaneiro convidamos a toda a comunidade universitaria a que goce dunhas xornadas de portas abertas  que terán lugar nos tres campus.

Durante todos estes días poderedes probar gratis calquera instalación e actividade.

Exclusivo para a comunidade universitaria e unicamente nas instalacións e actividades xestionadas directamente pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.

Dúas semanas nas que coñecer as nosas salas cardio fitness e as múltiples actividades que ofertamos (Cross Training, Fitness Express, Ioga, Ciclo Indoor, Pilates, ...)

Anímate a facer deporte, agardámosvos!

Pinchade no seguinte enlace para obter máis información:   https://www.uvigo.gal/novas/abono-muver