Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Xornada Construíndo o mundo que queremos. A Axenda 2030
Información cultural
22-11-2018 ata: 25-11-2018A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación ten o gusto de convidar á comunidade universitaria á Xornada Construíndo o mundo que queremos. A Axenda 2030 que organiza xunto coa Rede Social Galicia Sur, a campaña Impórtanos e a Coordinadora Galega de ONGD no edificio Tinglado do Porto de Vigo, este sábado 24 de novembro de 11.00 a 14.30h e de 16.30 a 20.00h.
Esta Xornada de carácter lúdico e familiar está dirixida a coñecer os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Haberá xogos cooperativos, obradoiros, exposicións, un desfile de moda e unha sesión de contacontos coa compañía Tropa de Trapo.
Agardámosvos
- Programa [3325.87 Kbytes]