Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Proxecto Brúxula - Fundación Meniños

Información voluntariado

31-07-2019 ata: 31-07-2019

Proxecto de voluntariado en colaboración coa Fundación Meniños: Proxecto Brúxula

Obxectivo xeral: Promover a inserción social e laboral de pais e nais en situación ou risco de exclusión social e con iso evitar a separación dos nenos e nenas do seu entorno familiar e promover a súa reunificación.

 

Obxectivo específico: Recuperar e fortalecer capacidades e habilidades persoais, mellorar a alfabetización dixital e desenvolver técnicas de procura de emprego e fomentar as redes de apoio.

 

Destinatarios do programa: Persoas usuarias da Fundación Meniños

 

Nº aproximado das persoas beneficiarias: 30

 

Perfil das persoas voluntarias:

- Boas habilidades comunicativas.

- Manexo nivel usuario das ferramentas informáticas (internet, correo electrónico e procesador de textos).

- Compromiso coa intervención e coa problemática das persoas participantes. Capacidade para animar e motivar grupos.

 

Función da persoa voluntaria:

- Apoio ao equipo técnico de Meniños na programación e implementación das sesións grupais do proxecto.

- Realización de acompañamentos puntuais ás persoas participantes para o apoio na realización das xestións burocráticas que así o precisen.

 

Actividades que van a desenvolver:            

- Apoio ao equipo de Meniños nas sesións grupais de alfabetización dixital e procura de emprego.

- Apoio no proceso de procura de emprego das persoas participantes.

- Acompañamentos puntuais ás persoas participantes.

 

Lugar de realización das actividades: Fundación Meniños - Sede Vigo: Edificio Praza América - Praza de América, nº 2 - 36210 Vigo

 

Tempos de dedicación das persoas voluntarias: Entre 2 e 4 horas semanais

 

Anímate e ponte en contacto con: Marta Martínez Majolero - De 09:00 a 14:00 h. e  luns e mércores de 16:00 a 19:00 horas.

Telf:986240436

email: brujula.vigo@meninos.org  

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf