Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Rutas Culturais 2018-2019

Deporte e benestar

02-10-2018 ata: 06-05-2019

Vinte anos de paseos que son moito máis que paseos. Vinte anos de aprendizaxe, de coñecemento, de descubrimentos. As nosas rutas culturais cumpren vinte anos. Porque a esencia destas rutas non é camiñar, é deixarse levar.

O programa de rutas cultuarais desta edición está composto por un total de once rutas. As persoas participantes percorrerán lugares con encanto das catro provincias galegas e incluso dúas delas se adentrarán en Portugal.

Estes percorridos, deseñados orixinariamente para a comunidade universitaria, amplíanse ao público en xeral cun período de inscrición distinto. Ademais, facilítase servizo de autocar dende os tres campus ata o lugar de inicio da ruta e regreso.

Toda a información en:  https://goo.gl/FJWR8r