Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
PLANIFICACIÓN DAS ENQUISAS DE AVALIACIÓN DOCENTE 1º CUADRIMESTRE. CURSO 18-19
Calidade
20-09-2018 ata: 14-10-2018Estimado profesorado,
Anunciamos que hoxe se pon en marcha o proceso de Enquisas de Avaliación Docente (EAD) do 1º cuadrimestre do curso 2018-2019.
Para facilitar o proceso, xa está habilitada na Secretaría Virtual a aplicación para a Planificación de Enquisas de Avaliación Docente, co obxecto de que o profesorado poida planificar de maneira persoal as enquisas das materias que imparte e determine a data e horario de realización que lle conveña.
A ruta de acceso é a seguinte:
Páxina da UVigo – Secretaría Virtual – Control de acceso - Funcionalidades para o PDI - Planificación de Enquisas de Avaliación Docente.
Para o Control de Acceso deben introducirse os datos habituais:
- Nº Documento de identificación
- Número da tarxeta universitaria (NIU)
- Contrasinal da tarxeta universitaria (NIU)
O prazo de planificación individual por parte do profesorado remata o vindeiro 14 de outubro. Para facilitar esta tarefa, na Guía de Planificación das EAD inclúese información detallada sobre o proceso. Esta guía pode consultarse no seguinte enlace:
O cronograma xeral da realización das EAD neste cuadrimestre é o seguinte:
Titulacións de Grao e Mestrado
- Planificación das enquisas
- Planificación individualizada polo profesorado: 20 de setembro – 14 de outubro de 2018.
- Realización da planificación polos Centros: 14 de outubro – 02 de novembro de 2018
- Realización das enquisas: 05 de novembro – 20 de decembro de 2018
IMPORTANTE:
O profesorado das materias que rematen a docencia con anterioridade ó inicio do proceso (materias bimestrais, por exemplo) pode mandar a planificación directamente ó correo tscalidade2@uvigo.es.
Calquera dúbida pode formularse na Área de Calidade no e-mail: tscalidade2@uvigo.es O profesorado que desexe ser avisado do día no que vai ser avaliado (unha da tres datas planificadas) pode incluír o seu correo electrónico no apartado de "observacións". A Área de Calidade tentará que a empresa realice esta tarefa.
Atentamente,
Joaquin Collazo Rodríguez. Director da Área de Calidade