Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Xornadas 5000 doazóns de sangue - Área de Benestar, Saúde e Deportes

Información voluntariado

19-09-2018 ata: 19-10-2018

Proxecto propio de voluntariado: Xornadas 5000 doazóns de sangue - Área de Benestar, Saúde e Deportes

 

Desenvolvemento temporal: Do 2 ao 4 de outubro de 2018.

 

Obxectivo xeral: Axuda para relacionarse coa comunidade universitaria.

 

Obxectivo específico: Reparto de froita e información aos posibles doantes.

 

Destinatarios do programa: Poboación en xeral.

 

Perfil das persoas voluntarias: Persoas xoves e vitais cunha capacidade física mínima para axudar no reparto da froita e con don de xentes para tratar coa comunidade universitaria.

 

Función do voluntario/a:

- Prestar servizo nun stand de información.

- Repartirlle unha peza de froita a cada persoa.

 

Lugar de realización das actividades: Campus Universitario de Vigo, campus de Ourense e campus de Pontevedra.

 

Tempos de dedicación dos voluntarios/as: O día 4 de outubro terán que estar no campus todo o día, pero tamén si hai moitos se poden turnar uns de mañá e outros de tarde.

 

Data de inicio/incorporación: 02/10/2018

Data de finalización/saída: 04/10/2018

 

 

Anímate e ponte en contacto con:Javier Rial Boubeta - pola mañá

Telf: 986814062

email: rial@uvigo.es

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

 

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-09/Proxectos%20propios%20-%20actualizados%20-%20web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-07/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web_2.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-06/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf