Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

AULA PERMANENTE MUSICA TRADICIONAL GALEGA

Aulas de formación Aberta

17-10-2018 ata: 15-05-2019

A vice-reitoría de campus de Pontevedra anuncia a convocatoria da AULA PERMANENTE DE MUSICA TRADICIONAL GALEGA.

A Aula Permanente de música tradicional é un espazo creado pola vice-reitoría de campus de Pontevedra para a posta en valor e divulgación da música tradicional.

Aulas de especialidade en:

GAITA

PERCUSION I e II

ZANFONA

FRAUTAS (ocarinas, asubíos, frautas de bisel, requinta, pífano)

Aulas colectivas e conxuntos: interpretación en grupo, coñecementos dos xéneros básicos da música popular galega

Creación dun grupo estable de instrumentos populares galegos no campus de Pontevedra

A aula estructura-se en dous cuadrimestres (17/10/18 a 16/01/19 e 6/02/19 a 15/05/19)

Reservas, inscricións e máis información en culturxest.uvigo.es

https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1850

APERTURA PRAZO RESERVAS: 17 de setembro 2018

Máis información na vice-reitoría de campus de Pontevedra e na área de servizos á comunidade de Pontevedra