Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VOLUNTARIADO - Fundación Meniños - CaixaProinfancia (apoio escolar)

Información voluntariado

04-09-2018 ata: 04-10-2018

Proxecto de voluntariado coa entidade de colaboración Fundación Meniños: CaixaProInfancia (apoio escolar).

 

Obxectivo xeral:

Loitar contra a pobreza e a exclusión social

 

Obxectivo específico:

- Facilitar a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias desenvolvendo as competencias e o compromiso que lles permitirán asumir con autonomía este proceso de mellora.

- Fomentar o desenvolvemento social e educativo da infancia no seu contexto familiar, escolar e social.

- Contribuír ao aumento da mellora de oportunidades dos nenos e das nenas e as súas familias mediante o desenvolvemento e implementación dun modelo de acción social e educativa integral.

- Participar na sensibilización e movilización da sociedade na erradicación da pobreza.

Reforzo escolar para primaria e secundaria:

A persoa voluntaria colaborará en tarefas de reforzo escolar a nenos e nenas de primaria e secundaria dentro do programa CaixaProinfancia que desenvolve a Fundación Meniños en Pontevedra.

As actuacións específicas abarcan dende o acompañamento na realización das tarefas escolares, explicación de contidos educativos seguindo o material e guía que os mestres lle dan ao neno ou nena no seu centro educativo, asesoramento en técnicas de estudo e organización do material, axenda, tarefas/exercicios e motivar de cara á axudar a manter a asistencia ao reforzo educativo.

 

Destinatarios do programa: Infancia

 

Perfil das persoas voluntarias:

- Compromiso

- Integridade

- Coñecementos básicos das materias escolares de primaria e ESO ou capacidades para actulizarse.

- Organización

- Estabilidades emocional

- Paciencia           

 

Función do voluntario/a:

- Realizar apoio en tarefas escolares de nenos e nenas de primaria e secundaria.

- Acompañar aos nenos e nenas na organización das súas tarefas escolares.

- Fomentar hábitos de estudo.

 

Actividades que van a desenvolver:            

- Apoio escolar a nenos e nenas de primaria e secundaria.

- Acompañamento aos nenos e nenas na organización das súas tarefas escolares.

- Fomento de hábitos de estudo.

 

Lugar de realización das actividades: Delegación de Meniños en Pontevedra. Rúa Sor Lucía, nº2, 3º - 36002 Pontevedra

 

Tempos de dedicación dos voluntarios/as: Para reforzo escolar entre 2 e 4 horas semanais

 

Anímate e ponte en contacto con: Roberto Antón Santiago - Luns a venres de 09:00 a 14:00 horas. 

Telf: 986850156 / 678754933

adolescentes.pontevedra@meninos.org

 

Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar

Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade  Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o

 

- Proxectos propios da Universidade de Vigo

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-03/Proxectos_propios_-_actualizados_-_web.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-07/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web_2.pdf

 

- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-06/Campus%20Ourense%20-%20Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20web.pdf