Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Pra´cticas formativas non laborais en empresas/entidades pu´blicas ou privadas de Portugal, Italia e Reino Unido.
A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as menores de 30 anos non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, a través da realización de estadías de tres meses en Portugal, Italia e Reino Unido.
Durante estas estadías realizarán prácticas formativas en empresas cunha duración de 100 horas mensuais, o que contribuirá a mellorar a súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo.
Ademais, a mobilidade transnacional apoia á adquisición de competencias na lingua de traballo do país de destino.
INFORMACIÓN DA PRESENTE CONVOCATORIA
Número de prazas ofertadas por países de destino:
- Catro prazas para Portugal.
- Seis prazas para o Reino Unido.
- Cinco prazas para Italia.
¿QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade (18 a 30 anos) non ocupada e non integrada nos sistemas de educacio´n ou formacio´n, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garanti´a Xuvenil (SNGX) no a´mbito da Comunicade Auto´noma de Galicia, que manten~a todos os requisitos de inscricio´n no momento da seleccio´n, aga´s o de idade.
O proxecto ten reservadas nun dos fluxos de mobilidade un 45% dos/as destinatarios/as con discapacidade superior ou igual ao 33%.
DURACIÓN DAS MOBILIDADES: tres meses (setembro, outubro e novembro)
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS (14 de Agosto de 2018)
Podense presentar candidaturas a través deste formulario online.
O prazo de presentación de candidaturas rematará na data que indica o extracto da convocatoria publicado na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, é dicir o 14 de Agosto de 2018.
Para dúbidas contactar con nós a través do correo electrónico grupo.compostela.galeuropa@usc.es ou o teléfono 881 180 053.
Para máis información na nosa web.
http://www2.usc.es/gcompostela/en/activities/galeuropa.html
Grupo Compostela de Universidades
Compostela Group of Universities
Casa da Cuncha, Rúa da Conga, 1
E-15782 Santiago de Compostela
Tel.: 881180053
e-mail: grupo.compostela.galeuropa@usc.es
web: www.gcompostela.org
- Programa GALEUROPA na edición 2018 [188.81 Kbytes]