Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Consello de Goberno_convocatoria

Consello de Goberno

13-07-2018 ata: 11-10-2018

Comunícase que se convocou unha sesión ordinaria do Consello de Goberno, que se celebrará o 20 de xullo. A orde do día correspondente a esta sesión pódese consultar no documento que se achega.

Así mesmo, infórmase que nesa sesión celebraranse, de ser o caso, eleccións para cubrir as seguintes vacantes abertas á comunidade universitaria:

Elección de representantes na Comisión de Reclamacións a Prazas de Profesorado Contratado: 6 PDI con vinculación permanente á Universidade; 1 Estudante.

Lémbrase que as candidaturas deberán ser avaladas por, alomenos, dez membros do Consello de Goberno. O modelo de candidatura achégase no devandito documento.

O prazo de presentación de candidaturas remata o mércores 18 de xullo, ás 14:00 horas, e deberanse presentar no rexistro xeral ou auxiliares da UVigo dirixidos á Secretaría Xeral.