Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Peche temporal Biblioteca de Torrecedeira por obras

Información xeral

12-07-2018 ata: 12-07-2018

Peche temporal Biblioteca de Torrecedeira

Informamos que con motivo de obras, saneamento e pintado da biblioteca, permanecerá pechada durante os días 12-19 de xullo (incluídos)

Durante eses días os usuarios que queiran estudar poderán facelo:

  • Sala de lectura do Edificio da Escola de Empresariais
  • Aula A4I no edificio da Escola de Enxeñaría Industrial-sede cidade

Se necesitades devolver libros ou levar algún en préstamo, chamade á porta da biblioteca (este servizo ofrecerémolo na medida que o persoal poida moverse entre os andeis).

Os teléfonos e os correos electrónicos estarán operativos.

Solicitámosvos comprensión e pedimos desculpas polas molestias que causa pechar a biblioteca.

Estamos a traballar para mellorar.

 

Primi Blas Sánchez

Directora Biblioteca Torrecedeira

Universidade de Vigo

Teléfono 986813738

dirbtor@uvigo.es

http://www.biblioteca.uvigo.es/biblioteca_gl/index.html

@BibTorrecedeira