Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Bolsas para Lectores de español en EEUU-progama FLTA

Bolsas e axudas

07-06-2018 ata: 16-07-2018

Convócanse 14 prazas para lectores de español en universidades estadounidenses dentro do programa Fulbright Foreign Language Teaching Assistants (FLTA) durante o curso académico 2019-2020 por un periodo total de 9 meses, dirixidas a titulados superiores con experiencia laboral ou formación acreditada no ensino de inglés.

Obxectivos: Ofrecer a oportunidade de adquirir experiencia no ensino de español e coñecer profundamente a sociedade e cultura estadounidenses. Os participantes, ademáis das súas responsabilidades docentes, cursarán materias de estudos universitarios e participarán en actividades extracurriculares axudando a mellorar a mellorar a calidade do ensino de español nas universidades participantes na convocatoria.

Obrigas: Colaborar co Departamento de Lingua Española da universidade receptora, responsabilizándose dalgunhas das seguintes funcións: monitores nos laboratorios de lingua, titores dos grupos de conversa, profesores dos grupos de estudo, coordinadores das actividades extraacadémicas / extracurriculares e, en ocasións, encargados dalgunha materia. Os/as bolseiros/as, ademais, elixirán dúas ou tres materias que queiran cursar como alumnos.

Duración: Un curso académico de 9 meses; de agosto/setembro de 2019 a maio/xuño de 2020.

Dotación: 4.000 US$ máis a axuda complementaria de cada universidade, que adoita incluír aloxamento e manutención; seguro de enfermidade e accidente.