Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
VOLUNTARIADO - Travesía a nado Costa Serena - Nigrán
Información voluntariado
22-05-2018 ata: 20-08-2018Proxecto de voluntariado coa entidade de colaboración Club TUMETAPERSONAL: VIII Travesía a nado Costa Serena-Nigrán
Desenvolvemento temporal: 7 e 8 de xullo de 2018
Obxectivo xeral: Organización da travesía a nado Costa Serena en praia América (Nigrán)
Función do voluntario/a:
- Montaxe e desmontaxe do evento (3 persoas)
- Guardarroupa: recollida e entrega das bolsas dos participantes (1 persoa).
- Entrega do aperitivo aos participantes (3 persoas).
- Recollida dos chips (1 persoa).
- Preparación das bolsas que se entregarán aos participantes da celebración da travesía (3 persoas).
Actividades que van a desenvolver:
- Colocación de vallas, banderolas, montaxe dos avituallamentos, flyers nos puntos de saída e chegada da travesía.
- Recollida e entrega das bolsas aos participantes.
- Entrega do aperitivo aos participantes na Marina Estelas Panxón.
- Recollida dos chips aos participantes cando cheguen á meta.
- 3 días antes da celebración da travesía preparación das bolsas para os nadadores coa camiseta, gorro, avituallamento, vales-regalo, chips.
Lugar de realización das actividades: Praia América, Nigrán, á beira do posto de Protección Civil de Panxón, o 8 de xullo. Dende as 08:30 ata as 14:30 horas. Teléfono 649673445.
Concesionario Angel Leiros en Vigo (rúa Celso Emilio Ferreiro, 1 Vigo) para a preparación das bolsas. Teléfono 649673445.
Tempos de dedicación dos voluntarios/as:
O día da travesía 6 horas e media.
Preparación das bolsas: 10 horas dous días (5 horas cada día).
Data de inicio/incorporación: Para os voluntarios que estarán o día da travesía o domingo 8 de xullo ás 08:30 horas en Marina Estelas Panxón.
Para os voluntarios que participen na preparación das bolsas o xoves 5 de xullo en Angel Leiros Motos ás 09:30 horas.
Data de finalización/saída:
Para os voluntarios que estarán o día da travesía o domingo 8 de xullo ás 15:00.
Para os voluntarios que participen na preparación das bolsas o venres 6 de xullo pola tarde.
Observacións/outros comentarios: Todos os voluntarios recibirán unha camiseta e terán avituallamento o día da travesía (comida, bebida e xeado).
Anímate e ponte en contacto con: Beatriz Alvariño Díaz del Río
Telf: 649673445
info@travesiaanadocostaserena.es
De luns e venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Nos seguintes enlaces podes atopar os proxectos /programas de voluntariado nos que tamén podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
https://novo.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-03/Proxectos_propios_-_actualizados_-_web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna, participando nas seguintes entidades:
https://novo.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-05/Proxectos%20con%20entidades%20alleas%20-%20actualizados%20-%20web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
https://novo.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-03/Campus_Ourense_-_Proxectos_con_entidades_alleas_-_web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626