Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Ampliáronse mais proxectos de voluntariado nos que podes participar: SOS Racismo Galicia: Programa Oficina de información e denuncia
Desenvolvemento: Mércores de 17:00 a 19:00 h. - 30/12/2018
Obxectivo xeral: Defender os dereitos das persoas migrantes
Obxectivo específico: Informar e asesorar en cuestións lexislativas relacionadas coa regularización da situación das persoas migrantes así como resposta ante ás discriminacións múltiples que sofren (delitos de odio, etc…)
Destinatarios do programa: Poboación migrante
Perfil das persoas voluntarias: Licenciados en dereito e con experiencia voluntaria ou profesional no eido da inmigración.
Opcional: formación específica en delitos de odio.
Función do voluntario/a:
- Dar apoio ás persoas que levan a Oficina de información e denuncia,
- Asesoramento legal á poboación.
- Información sobre os dereitos das persoas migrantes.
Actividades que van a desenvolver: Redactar escritos de contido lexislativo
Lugar de realización das actividades: Avenida Martínez Garrido, 27 baixo (Vigo)
Tempos de dedicación dos voluntarios/as: 2 horas semanais
Observacións/outros comentarios: A temporalización en realidade é permanente, xa que nós temos aberta a oficina de información e denuncia todo o curso agás en agosto, polo tanto, será en función da dispoñibilidade da persoa para colaborar con nós.
Persoa de contacto: Raquel Montero Fernández (De 17:00 a 21:00 horas)
Telf: 666219463 - email: raquelmontero@gmail.com
Nos seguintes enlaces podes atopar todos os proxectos /programas de voluntariado nos que podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
http://extension.uvigo.es/opencms/export/sites/extension/extension_gl/documentos/Proxectos_propios_-_actualizados_-_web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna:
http://extension.uvigo.es/opencms/export/sites/extension/extension_gl/documentos/Proxectos_con_entidades_alleas_-_actualizados_-_web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
http://extension.uvigo.es/opencms/export/sites/extension/extension_gl/documentos/Campus_Ourense_-_Proxectos_con_entidades_alleas_-_web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626