Secretaría Uvigo
.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.
Ampliáronse mais proxectos de voluntariado nos que podes participar: FUNDACIÓN MENIÑOS: Programa Brúxula
Desenvolvemento: ata o 30 de xuño (con posibilidade de continuación)
Obxectivo xeral: Promover a inserción social e laboral de pais e nais en situación ou risco de exclusión social e con iso evitar a separación dos nenos e nenas do seu entorno familiar e promover a súa reunificación.
Obxectivo específico: Recuperar e fortalecer capacidades e habilidades persoais, mellorar a alfabetización dixital e desenvolver técnicas de procura de emprego e fomentar as redes de apoio.
Destinatarios do programa: Persoas usuarias da Fundación Meniños
Perfil das persoas voluntarias:
- Boas habilidades comunicativas.
- Manexo nivel usuario das ferramentas informáticas (internet, correo electrónico e procesador de textos).
- Compromiso coa intervención e coa problemática das persoas participantes. Capacidade para animar e motivar grupos.
Función do voluntario/a:
- Apoio ao equipo técnico de Meniños na programación e implementación das sesións grupais do proxecto.
- Realización de acompañamentos puntuais ás persoas participantes para o apoio na realización das xestións burocráticas que así o precisen.
Actividades que van a desenvolver:
- Apoio ao equipo de Meniños nas sesións grupais de alfabetización dixital e procura de emprego.
- Apoio no proceso de procura de emprego das persoas participantes.
- Acompañamentos puntuais ás persoas participantes.
Lugar de realización das actividades: Fundación Meniños - Sede Vigo: Edificio Praza América - Praza de América, nº 2 - 36210 Vigo
Tempos de dedicación dos voluntarios/as: Entre 2 e 4 horas semanais
Persoa de contacto: Marta Martínez Majolero (De 09:00 a 14:00 h. e luns e mércores de 16:00 a 19:00 horas).
Telf: 986240436 - email: brujula.vigo@meninos.org
Nos seguintes enlaces podes atopar todos os proxectos /programas de voluntariado nos que podes participar
Escolle un ou varios proxectos, ponte en contacto coa entidade Anímate a participar e debuxarás sorrisos ateigados de agradecemento - Faite voluntaria/o
- Proxectos propios da Universidade de Vigo:
http://extension.uvigo.es/extension_gl/documentos/Proxectos_propios_-_actualizados_-_web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna:
http://extension.uvigo.es/extension_gl/documentos/Proxectos_con_entidades_alleas_-_actualizados_-_web.pdf
- Proxectos en colaboración con entidades da contorna - Campus de Ourense:
http://extension.uvigo.es/extension_gl/documentos/Campus_Ourense_-_Proxectos_con_entidades_alleas_-_web.pdf
- extension@uvigo.gal
- +34 986 813 626