Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

CERTIFICADO RENDA EXERCICIO 2017

Información xeral

26-03-2018 ata: 30-06-2018

En aplicación do previsto no artigo 108.3 do Regulamento do IRPF, a Universidade de Vigo expediu as certificacións correspondentes as retencións practicadas e ingresos a conta e demais datos necesarios aos efectos da declaración anual do IRPF do persoal vinculado coa Universidade.

O persoal poderá obter e imprimir o seu certificado de retencións e ingresos a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (mod. 190) correspondente ao exercicio 2017 na páxina web da Universidade, Secretaría Virtual (http://seix.uvigo.es/), mediante o acceso centralizado ou  introducindo o seu NIF, NIU e contrasinal, e accedendo á consulta do certificado de renda exercicio 2017.

 

Atentamente,

Servizo de Retribucións e Seguros Sociais