Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

A IMPROVISACIÓN ORAL NAS COMUNIDADES EDUCATIVAS: MÚSICA, LINGUA e XÉNERO

Obradoiros

13-12-2017 ata: 15-12-2017

A IMPROVISACIÓN ORAL NAS COMUNIDADES EDUCATIVAS:

MÚSICA, LINGUA e XÉNERO

A proposta divulgativa é realizar unha serie de palestras sobre divesas experiencias entorno á improvisación oral na educación, na familia, na sociedade, no teatro, na cociña... tendo en conta tres factores básicos: música, lingua e xénero. Asistirán educadoras e educadores de Galiza, Euskadi e Cataluña.

PRESENTACIÓN: Mércores 13 ás 16:30 na cafetería LASSO do Auditorio de Galiza. Unha experiencia única arredor da cociña improvisada e regueifada de Pía Lago, os segredos do mandil de Sofía Tarela (Garota da Ribeira) e os contos dos vellos repentistas de Xurxo Souto. Podedes vir tomar unha merenda improvisada entre tod@s.

OBRADOIROS: Xoves 14 e Venres 15 de decembro de 16:30 a 19:30 no Salón de Actos do MUPEGA (Santiago de Compostela). Teremos teatro improvisado con Vero Rilo, o Clube da Regueifa da Semente, presentación do libro “Metodoloxía didáctica do repente galego” e palestras para coñecer mellor asituación do repentismo en Galiza, Euskal Herria e Cataluña.

FOLIADA ABERTA DE REPENTE: Xoves 14 ás 22:00 horas no Pub Gramola (Praza Cervantes). Unha oportunidade única para partillar emocións con Bertsolaris, Glosadoras e Regueifeiras. Participarán todas as ponentes das xornadas. Un espazo de interacción, aberto ao público en xeral, que convida a vivilo de xeito activo e participativo.

Todas as actividades dos tres días son gratuítas. As persoas que gosten de participar poden apuntarse no correo oral@regueifa.org ou acudir directamente á actividade por se quedan prazas libres.

 

Con esta mostra preténdese modernizar a creación cultural desde o ámbito escolar, familiar e social actualizando a nosa tradición. A Regueifa é un importante elemento do patrimonio cultural inmaterial galego, e a Glosa e o Bertso son unha parte moi importante do imaxinario tradicional dos seus respectivos paises. Así pois, partindo das experiencias de cada unha das persoas participantes tentaremos achegarnos a un feito diferencial único que, dende a raíz da identidade propia, nos faga seguir improvisando para ser máis libres.