Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

VII Edición dos Premios INCUVI-Emprende

Área de Emprego e Emprendemento

11-12-2017 ata: 19-01-2018

O día 11 de decembro de 2017 publicouse a convocatoria da VII Edición de INCUVI-Emprende co obxecto de fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través un concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus da Universidade de Vigo un programa de preincubación dun ano de duración.

PREMIOS

O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente.

O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos


PERSOAS DESTINATARIAS

Poderán presentar as súas ideas a concurso:

  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de grao ou mestrado.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2014/2015 ou posteriores.

Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo.

Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 19 de xaneiro de 2018.

BASES

As bases da convocatoria están dispoñibles na web http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/