Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Concerto Nadal Universidade de Vigo 2017

Información cultural

30-11-2017 ata: 20-12-2017

Estimados membros da comunidade universitaria:

O vindeiro martes 19 de decembro ás 20:30 h no Teatro Afundación de Vigo, terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo.

Este ano contaremos coa presenza de Cristina Pato.

Con quen embarcaremos nunha viaxe musical a través do Pergamiño Vindel, acompañada por Anxo Pintos, Begoña Riobó, Yago Vázquez, Roberto Comesaña, Miguel Cabana, o grupo Martín Códax e o Coro da Marña ( dirixido por Ugía Pedreira e Pierrot Rougier)

A asistencia a este concerto será por invitación, que deberá descargarse de

https://culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1289

autentificándose como membro da comunidade universitaria e imprimindo o xustificante, ou descargándoo no móbil, que conta cun código de barras e será o documento co que se acceda ao recinto.

          O código de barras desta invitación é único, permitindo un só acceso.

O prazo permanecerá aberto na web desde as 9.00 h do luns 4 de decembro ata o remate do número de invitacións, ou ata as 23:59 h do día 18 de decembro.

A partir do día 14 de decembro ás 9.00 h haberá convites na oficina de Extensión Universitaria ao dispor do público en xeral e dos membros da comunidade universitaria que non acadaran convite.

Pregamos aos membros da comunidade universitaria  que utilicen a súa invitación, ou ben a devolvan a esta Vicerreitoría se finalmente non vai ser utilizada. 

Agradecémoslle a súa colaboración e difusión para que o Concerto de Nadal sexa un éxito.

Reciba un cordial saúdo.

 

VICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E RELACIÓNS INTERNACIONAIS.