Secretaría Uvigo

.:: Portal de avisos da Universidade de Vigo ::.

Convocatoria selección candidaturas PTA para CACTI 2017

Información xeral

24-11-2017 ata: 22-02-2018

Con data 24 de novembro de 2017 publícase a convocatoria de selección de candidaturas para a presentación pola Universidade de Vigo dunha solicitude de axuda para a contratación de persoal técnico de apoio á I+D+i para o Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI), na convocatoria do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade, do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade.